Un espazo para ler, pensar e facer comunidade
Un espazo para ler, pensar e facer comunidade
Imaxe: Charo Lópes
Máis que unha libraría, un lugar de encontro

Imaxe: Charo Lópes

Imaxe: Charo Lópes
A Lila de Lilith naceu en 2011 como unha libraría feminista en Santiago de Compostela.
Desde entón, converteuse nun espazo vivo onde atopar libros, asistir a encontros e formar parte dunha comunidade que aposta pola cultura, a igualdade e o pensamento crítico. Aquí os libros son camiños, e cada páxina, unha voz que se ergue.
Lecturas que nos acompañan


A Lila tamén é un lugar para estar
Presentacións, clubs de lectura, encontros feministas… Na Lila de Lilith a literatura convértese en conversa e a cultura, en resistencia.
Queremos que cada visitante se sinta parte desta historia compartida.
Fai parte da Lila
Se cres nunha cultura feminista e diversa, axúdanos a seguir medrando. Podes apoiar o proxecto mercando na nosa tenda, recomendando as nosas lecturas ou participando nas actividades.
A nosa voz escribe o futuro ✦ A nosa voz escribe o futuro ✦ A nosa voz escribe o futuro ✦ A nosa voz escribe o futuro ✦ A nosa voz escribe o futuro
Imaxe: Charo Lópes

As voces da Lila
Cada visita, cada conversa e cada libro compartido deixan pegada. Estas son algunhas das palabras das persoas que fan que a Lila de Lilith siga viva cada día.
Publicado en Iria Vazquez SilvaTrustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Maravillosa libraría, coas libreiras Patricia e Mon. Especializadas en feminismos e comprometidas con mil actividades interesantísimas! Obrigadas por termos este espazo : )Publicado en MartaTrustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. Librería acolledora, con persoal moi amable e unha ampla variedade de obras con perspectiva de xénero.Publicado en Sagrario Pena PintorTrustindex verifica que a fonte orixinal da revisión é Google. A miña libraría de cabeceira, con dúas profesionais ao frente que non poden ser mais riquiñas. Recomendo!!!
Ven, le, conversa
A nosa porta está aberta. Agardámoste na rúa Travesa, no corazón de Santiago, para compartir palabras e descubertas.