A acción tamén se le

Na Lila de Lilith entendemos o feminismo como un camiño de aprendizaxe e transformación. Por iso, ademais de ser unha libraría, somos un espazo de formación, encontro e activismo.

A acción tamén se le

Na Lila de Lilith entendemos o feminismo como un camiño de aprendizaxe e transformación. Por iso, ademais de ser unha libraría, somos un espazo de formación, encontro e activismo.

Imaxe: Charo Lópes

Aprendemos xuntas para mudar o mundo

A área de formación e activismo da Lila nace da nosa orixe educativa: da vontade de compartir coñecemento e facer comunidade.

Dende o 2017, recuperamos con forza esta liña de traballo, organizando obradoiros, cursos, charlas e consultorías sobre igualdade, feminismo e educación.
Fomentamos a lectura crítica, a reflexión colectiva e o diálogo entre saberes diversos.

Creemos nunha aprendizaxe feminista baseada no respecto, na curiosidade e na práctica compartida.

Espazos de aprendizaxe feminista

Ao longo do ano desenvolvemos unha ampla variedade de propostas formativas:

Clubes de lectura feminista

Obradoiros de escritura e pensamento crítico

Cursos sobre igualdade, saúde, corpo e afectividade

Encontros con autoras, artistas e activistas

Actividades formativas en colaboración con escolas, asociacións e institucións

Estas accións teñen lugar tanto na nosa libraría como noutros espazos sociais e educativos, sempre co obxectivo de tecer redes e levar o feminismo máis alá das paredes da Lila.

A forza das alianzas

Traballamos en colaboración con institucións, entidades e colectivos que comparten a nosa visión. Mantemos convenio coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), e somos espazo de prácticas formativas do Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación. 

Colaboramos tamén coa Sega, coa que promovemos un club de lectura feminista mensual.

Ademais, participamos activamente en feiras, congresos e eventos culturais e sociais, como a SELIC, a Feira do Libro de Santiago, o Agrocuir ou o Congreso Educativo LGTB. A nosa presenza nestes espazos busca ampliar a conversa e facer visible o papel das mulleres na cultura e na sociedade.

Cultura, acción e recoñecemento

A Lila de Lilith leva máis dunha década participando activamente na vida cultural galega. En colaboración coa nosa compañeira Lola Ferreiro e con Encarna Otero, promovemos dende o 2012 a Mullerenaxe ás Marías, unha homenaxe anual ás mulleres que inspiraron e abriron camiños en Compostela. A nosa traxectoria como axentes culturais e feministas foi recoñecida con distintos premios:

Premio Manuel Beiras polo uso do galego (2015)

Premio Begoña Caamaño á mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade da área de Cultura da Deputación da Coruña (2017)

Mención especial do Premio pola Igualdade do Observatorio da Igualdade da Coruña (2018)

Recoñecemento Mulleres de Compostela, 8 marzo, Concello de Santiago de Compostela (2023)

Ti tamén formas parte do cambio

Se queres propoñer un obradoiro, organizar unha charla ou colaborar nun proxecto formativo, escríbenos. A Lila de Lilith medra coas ideas e as voces que se achegan a ela. A acción feminista é sempre un traballo compartido.